Notación da percusión

Updated 12 years ago
This page shows old instructions for MuseScore 1.
For MuseScore 4 users, see Notación da percusión.

Exemplo de notación da percusión:
Exemplo de notación da percusión

A notación da percusión normalmente inclúe notas coas plicas para riba e para baixo ao mesmo tempo. Se non está familiarizado coa edición de varias voces nun único pentagrama, vexa voces para ter unha visión xeral. Vexa máis embaixo as instrucións específicas da notación da percusión.

Teclado MIDI

O xeito máis doado de engadir a notación da percusión a unha partitura é cun teclado MIDI. A maioría dos teclados MIDI teñen marcas para a percusión en cada tecla. Cando se preme a tecla do chimbau (hi-hat), o MuseScore engade a notación correcta á partitura. O MuseScore ocúpase automaticamente da dirección da plica e do tipo de cabeza da nota.

Rato

A introdución mediante o rato de percusión sen altura funciona de xeito diferente aos demais instrumentos, polo que velaquí os pasos especiais necesarios:

  1. Seleccione unha nota ou silencio no pentagrama da percusión. Observe que a paleta Percusión fica baleira até ter rematado este paso.
  2. Prema «N» para comezar a introducir notas
  3. Seleccione unha duración da nota na barra de ferramentas de Entrada de Notas
  4. Seleccione o tipo de nota (como bombo ou caixa) na paletas de percusión
  5. Prema o pentagrama da percusión para engadir a nota á partitura

Ligazóns externas