Modo de reprodución

Updated 1 year ago
This page shows old instructions for MuseScore 1.
For MuseScore 4 users, see Modo de reprodución.

O MuseScore dispón dun secuenciador e sintetizador integrados para poder tocar as partituras.
Ao premer o botón Reproducir play.png éntrase no Modo de reprodución. No Modo de reprodución están dispoñíbeis as ordes seguintes:

  • Alternar pausa/reprodución Espazo
  • Ir ao acorde anterior Esquerda
  • Ir ao acorde seguinte Dereita
  • Ir ao compás anterior Ctrl+Esquerda
  • Ir ao compás seguinte Ctrl+Dereita
  • Ir ao principio da partitura Inicio
  • Alternar mostrar o panel de reprodución F11

Prema o botón de reprodución de novo para parar e saír do Modo de reprodución.

O MuseScore inicia a reprodución desde onde o deixou a vez anterior. Se se selecciona unha nota, o MuseScore inicia desde a última nota seleccionada. A barra de ferramentas tamén dispón dun botón de rebobinado para volver rapidamente ao principio da partitura para reproducila.

Panel de reprodución

O panel de reprodución ofrece máis controles de reprodución, incluído o tempo, a posición de inicio e un volume global. No menú principal escolla MostrarPanel de reprodución para abrir o Panel de reprodución.

O panel de reprodución permite axustar o tempo e o volume

Solución de problemas

Só o piano

Versión 0.9.5 e anteriores: Para tocar instrumentos diferentes do piano hai que substituír a fonte de son integrada do MuseScore por unha máis capaz no separador EditarPreferencias...E/S. Vexa SoundFont para as instrucións.

Son en Ubuntu

Se está a ter dificultades co son en Ubuntu, recoméndase actualizar á versión 0.9.5 ou a outra posterior. Hai instrucións para obter a edición máis recente na páxina de descargas do sitio web. Se tiver outros problemas, solicite axuda nos foros.